CONDICIONS XERAIS PARA PUBLICACION DE ANUNCIOS

Con carácter xeral, a publicación dos anuncios no portal estará suxeita ás seguintes regras de redacción:

Completar todos os puntos do formulario de alta do anuncio. Será requisito indispensable para poder inserir o anuncio incluír un enderezo de correo electrónico e o nome do/da anunciante que, en todo caso, deberá ser un nome válido. No caso de que só se poida contactar co/coa anunciante por vía telefónica débese indicar expresamente no anuncio.
Non superar o límite máximo do campo de texto do anuncio.
Describir o artigo anunciado no título do anuncio: O título do anuncio ten que describir o artigo con claridade. Non poderán usarse palabras clave ou innecesarias no anuncio e/ou expresións superlativas e/ou esaxerados, como por exemplo "Millo baratísimo". Así mesmo non se permitirá o uso de exclamacións nin calquera outro signo innecesario que non forme parte do nome ou marca do artigo anunciado.
Inexistencia de duplicados: non se publicarán anuncios repetidos. Non se permite inserir o mesmo anuncio/artigo máis que unha vez ao mesmo tempo. O/A anunciante deberá borrar o anuncio previamente inserido antes de inserir un novo.
Cada anuncio debe referirse a artigos da mesma categoría: non se permite inserir varios artigos de diferentes categorías nun mesmo anuncio.
Non se publicarán anuncios que, a xuízo de , poidan ser considerados ilegais ou chocantes.
Non se permiten, nin se publicarán, anuncios sobre temas alleos á temática do portal (agricultura e gandaría). En particular non se permitirán os seguintes artigos: produtos industriais, produtos de saúde, fármacos ou pseudofármacos, determinados alcohois.
Non se publicarán anuncios relativos a calquera tipo de arma ou ás súas respectivas réplicas nin calquera produto, servizo ou información que poida ser contrario á lei, á moral, á orde pública ou ás normas editoriais do portal.
Non se permiten, nin se publicarán, anuncios que inclúan copias piratas e/ou falsificacións. A título enunciativo pero non limitativo, queda prohibida a inserción de anuncios de copias ilegais, piratas ou falsificacións de artigos como software, e calquera outro produto semellante. Cando se trate de anuncios sobre programas de ordenadores relacionados coa temática do portal, ou artigos de características similares, o/a anunciante deberá indicar no propio texto do anuncio que os produtos son orixinais. A lexislación española prohibe e castiga con penas de prisión e multa os e as anunciantes que vendan copias piratas ou falsificacións.
As ligazóns e imaxes do anuncio deberán describir o artigo anunciado. En consecuencia, non está permitido enlazar con páxinas que non ofrezan información adicional sobre o produto/servizo anunciado e con outras páxinas web de poxas ou calquera outro sitio web dedicados a anuncios.
Non se publicarán anuncios que inclúan fotografías con URL (direccións de internet) ou números de teléfono.
Non se publicarán anuncios con números de teléfono de contacto tipo Premium de pagamento (tipo 80x), a non ser que sexan números de teléfono correspondentes ao código 806 mediante os cales se presten servizos de contido profesional (veterinarios, etc). Nestes casos, o anunciante deberá incluír no texto do anuncio o custo da chamada, isto é, o seu prezo máximo por minuto cos impostos incluídos, tanto desde a rede fixa coma desde a rede móbil.
Non se publicarán anuncios con outras formas de contacto (p. ex. SMS, etc...).
Non se publicarán anuncios inseridos como foro.

Con carácter adicional ás normas sinaladas nos puntos precedentes, a inserción de anuncios de determinados artigos estará suxeita ás seguintes normas:

Anuncios de animais

Gandeiro.com impón certas restricións en anuncios de animais e resérvase o dereito a denegar a publicación nesta categoría cando o considere necesario.
Non se permiten animais depredadores nin especies protexidas. Tampouco se poden anunciar animais que necesiten permisos especiais segundo a lexislación vixente, a non ser que estea claramente especificado no anuncio que o/a vendedor/a dispón dos conseguintes permisos e que todos os papeis están en regra.
Así mesmo, tampouco se permiten anuncios de certas razas de cans considerados potencialmente perigosos. A título enunciativo, pero non limitativo, non se permiten anuncios de Pitbull, Pit Bull Terrier, Staffordshire Bull Terrier, American Staffordshire Terrier, Rottweiler, Dogo Arxentino, Fila Brasileiro, Tosa Inu ou Akita Inu.
Os animais anunciados en gandeiro.com deben ter cumprida a idade de desteta recomendada por veterinarios para cada especie.
Anuncios de animais en Cataluña e Comunidade Valenciana: de acordo co disposto no Decreto lexislativo 2/2008, do 15 de abril, polo cal se aproba o Texto refundido da lei de protección de animais e da Lei de 4/1994, do 8 de xullo e o seu Decreto 145/2000, do 26 de setembro, de protección de animais, aplicables en Cataluña e na Comunidade Valenciana respectivamente, en todos os anuncios que teñan por obxecto a venda ou cesión de animais será necesaria a inclusión do número de rexistro do núcleo zoolóxico destes.

Anuncios de venda de parcelas rústicas, naves, cortes, etc.:

Só se permite un inmoble por anuncio: non se permite inserir máis dun inmoble no mesmo anuncio.
Será necesario introducir a provincia correcta: o anuncio do inmoble debe ser introducido na provincia onde estea situado.
Datos do inmoble: o anuncio deberá sinalar correctamente os datos do código postal, provincia, lugar, parroquia, metros cadrados e prezo.

Limitación da responsabilidade

O anunciante recoñece e acepta que se reserve o dereito a publicar o seu anuncio.
En ningún caso responderá por ningún tipo de danos, xa sexa efectivos, indirectos, ou de calquera outro tipo, nin polo lucro cesante que puidese sufrir o/a anunciante pola falta de publicación puntual ou correcta de calquera anuncio.
Aldán non responderá polos atrasos, publicación errónea nin pola falta da publicación do anuncio que sexan consecuencia de feitos ou circunstancias que estean fóra do seu control, incluído, a título enunciativo e non limitativo, acción gobernativa, incendio, inundación, insurrección, terremoto, fallo técnico, motín, explosión, embargo, folga legal ou ilegal, escaseza de persoal ou de material, interrupción do transporte de calquera tipo, atraso no traballo, ou calquera outra circunstancia fóra do control de Aldán.

Manifestacións e garantías do anunciante/indemnizacións

A inserción de anuncios no portal efectúase tendo en conta as presentes manifestacións e garantías que efectúa o/a anunciante.
O/A anunciante ten dereito a publicar o contido do anuncio, sen que iso infrinxa a lei e ningún dereito de terceiros, incluíndo os dereitos de propiedade industrial e intelectual. Será responsabilidade do/da anunciante obter todas as autorizacións, públicas ou privadas, e efectuar todos os pagamentos pola utilización dos dereitos de propiedade intelectual e industrial que se conteñan no anuncio. O/A anunciante declara coñecer que aceptou efectuar a inserción do anuncio sobre a base da presente manifestación e garantía.
O/A anunciante, así como o anuncio, o seu contido e calquera material do/da anunciante a que poidan acceder os usuarios do portal a través do anuncio, cumpren as normas vixentes sobre publicidade, incluída a efectuada por medios electrónicos e en liña, así como calquera outra normativa aplicable, e, en especial, a relativa a telecomunicacións, protección de consumidores e usuarios, dereito á honra, á intimidade e á propia imaxe, e protección do menor e da infancia.
A inclusión do anuncio no portal non supón o incumprimento nin a violación de ningunha obriga legal e/ou contractual asumida polo/pola anunciante con terceiras persoas.
O/A anunciante será o/a único/a responsable, fronte aos usuarios do portal e terceiras persoas, do texto e información contidas no anuncio. Así, a título enunciativo e en ningún caso limitativo, non será responsable, nin directa, nin indirecta nin subsidiaria, dos danos e perdas de calquera natureza que poidan derivarse para os usuarios do portal e/ou terceiras persoas da falta de veracidade, exactitude e/ou autenticidade, legalidade dos datos ou informacións contidos no anuncio inserido.
O/A anunciante recoñece e acepta que calquera relación contractual ou extracontractual que, se é o caso, formalice con usuarios do portal ou terceiras persoas coas que contacte a través do portal, enténdense realizados única e exclusivamente entre o/a anunciante e o/a usuario/a do portal e/ou a terceira persoa. En consecuencia, o/a anunciante acepta que non ten ningún tipo de responsabilidade, nin directa, nin indirecta nin subsidiaria, sobre os danos ou perdas de calquera natureza ocasionados aos usuarios do portal e/ou terceiras persoas con motivo das negociacións, conversacións e/ou relacións contractuais ou extracontractuais que estes formalicen co/coa anunciante.
En calquera caso, o/a anunciante accede a indemnizar a , en canto sexa requirido para iso, de todos os gastos, custos, prexuízos e perdas de calquera tipo (incluíndo honorarios de avogados e procuradores, aínda que a súa intervención non sexa preceptiva) en que incorra como consecuencia de calquera reclamación, efectiva ou inminente, de calquera tipo, relativa á publicación ou comunicación ao público do anuncio ou do seu contido, incluíndo as baseadas en violación de dereitos de propiedade industrial ou intelectual, calumnia, difamación, incumprimento de deber de confidencialidade, revelación de segredos, incumprimento de calquera deber legal ou regulamentario e/ou de publicidade ilícita, falsa ou enganosa.

Dereito a modificar e rexeitar o anuncio por

non se obriga a revisar previamente o contido de ningún anuncio, e calquera revisión ou aprobación efectuada por non debe entenderse como aceptación de que o devandito anuncio cumpre os termos das condicións xerais de contratación.
resérvase o dereito, exercitable en calquera momento e de modo discrecional, a:
Rexeitar calquera anuncio, a orde de inserción de anuncios, ou compromiso de situación.
Eliminar calquera anuncio do portal ou de calquera das súas páxinas.
Modificar aqueles campos do seu anuncio que non cumpran as normas de inserción do portal, todo iso co obxecto de lle dar maior calidade a este e de acordo coas seguintes limitacións: poderá modificar a ortografía do texto, a categoría do produto en caso de clasificarse mal, a provincia en caso de non concordar coa localidade indicada, así como o título do anuncio en caso de conter algunha das palabras non permitidas polas regras de inserción tales como títulos esaxerados, exclamacións, etc. No resto de casos, se o anuncio non cumpre con algunha das regras de inserción, será rexeitado, e poderá remitirse un correo electrónico en que se indicará os motivos do rexeitamento e as instrucións para poder corrixilo.

Varios

A utilización e contratación do servizo estará suxeita á política de protección de datos do portal.
O portal utiliza terceiras empresas para recoller información, incluíndo o uso de cookies. Así mesmo, as cookies poderanse utilizar coa finalidade de facilitar ao máximo a navegación do/da usuario polo portal, sen que estas proporcionen referencias que permitan deducir datos persoais do/da usuario/a nin datos do disco duro do seu ordenador. As cookies instaladas borraranse automaticamente pasado un máximo de once anos desde a súa instalación. Non obstante, o/a usuario/a pode configurar o seu navegador para que notifique e rexeite a instalación das cookies enviadas polo portal, sen que iso prexudique o seu acceso aos contidos deste.
O portal infórmao/a de que determinados servidores poden gardar, na súa memoria caché, unha copia das páxinas consultadas no portal polos usuarios. A devandita acción realízase coa finalidade exclusiva de mellorar a velocidade de tráfico destas.