NOTA LEGAL

Neste epígrafe están establecidas as condicións xerais da páxina web www.gandeiro.com. Suxerímoslle ao/á usuario/a que lea atentamente este aviso legal, e lembrámoslle que, se utiliza o noso sitio web, declara a aceptación plena de todos os puntos vixentes en cada momento en que o/a usuario/a acceda a esta páxina.

TERMOS DE USO

O/A usuario/a comprométese a facer un uso axeitado e lícito do sitio web e dos seus contidos segundo a lexislación aplicable, os presentes termos de uso, a política de privacidade, os bos costumes xeralmente aceptados e a orde pública.

Este sitio web contén materiais preparados con fins unicamente informativos polo que tales materiais poderían non reflectir o estado sobre as cuestións analizadas. O acceso a estes materiais non establece nin implica relación ningunha entre gandeiro.com e o/a usuario/a deste sitio web.

Por iso, o/a usuario/a non debe actuar sobre a base da información contida neste web.

INFORMACION LEGAL

A información legal correspondente ao propietario é:, con domicilio social en Madrid, R/ Velázquez, n.° 94, 1ª Planta, 28006, Madrid, teléfono 902 88 99 48, fax 902 02 08 33.

LIMITACIÓN DA RESPONSABILIDADE

Gandeiro.com non se responsabiliza dos posibles erros ou omisións que puidesen existir nos contidos deste sitio. Á súa vez, estes contidos poden ser modificados, desenvolvidos ou actualizados sen notificación previa.

Este sitio web contén vínculos a outras páxinas de internet, e faino na crenza de boa fe de que tales contidos cumpren coa lei. Isto non significa que gandeiro.com aprobe ou recomende os seus contidos. Se o/a usuario/a accede a eles, faino baixo a súa responsabilidade. Gandeiro.com non asume garantías sobre a veracidade, exactitude ou actualización dos contidos, servizos, textos, gráficos e vínculos de tales sitios.

Gandeiro.com tampouco se fai responsable dos danos informáticos ou doutro tipo que lle puidese ocasionar ao visitante o acceso aos contidos deste sitio. Por iso non garante a ausencia de virus ou outros elementos lesivos que puidesen causar danos ou alteracións no sistema informático ou nos correos electrónicos.

A violación da seguridade do sistema ou rede pode levar consigo responsabilidades civís ou penais. Gandeiro.com resérvase o dereito a investigar as posibles violacións de seguridade a este sitio web e, a instancia das autoridades competentes, poderá contribuír na investigación de posibles violacións.

Gandeiro.com non se responsabiliza dos danos que poida ocasionar un suposto cesamento ou imposibilidade de uso deste sitio web e dos seus contidos, perda de datos ou interrupción do negocio, independentemente de ser ou non advertido sobre a devandita posibilidade.

A prestación do servizo do sitio web e os termos de uso réxense pola lexislación española. As partes, en canto o permita a lei, renuncian expresamente a calquera outro foro que puidese corresponderlles, acordando someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais da cidade de Madrid, España.